Dámoslle a benvida a Formación Gastro
Formación Gastro é un espazo desenvolvido polo Concello de Pontevedra no marco do Plan de Sostibilidade Turística no Destino (PSTD), con financiamento de NextGenerationEU e en paralelo co proxecto Pontevedra Capital Gastro. O seu obxectivo é fortalecer as competencias dixitais e gastronómicas do sector turístico local, dirixido a profesionais, emprendedores e axentes do sector interesados en mellorar a xestión dos seus negocios e a comunicación cos visitantes.